as tormentas de Luis (www.astormentas.com)

Poema ao acaso

miércoles, 31 de marzo de 2010

en mollado, secos






Fotos: Guilin - Santiago - Hong Kong

miércoles, 24 de marzo de 2010

S. POSTAL Santiago




Nas fotos, empregados dos Servizos Postais de Compostela opostos a privatización da empresa.

jueves, 18 de marzo de 2010

GHRELOS ...








" ¿QUERE GHRELOS ou VERDURAS? "

" Sonlle da Preghrina
por catro cadelas a manchea "

Eran as vendedoras de legumes a domicilio que anunciaban cantando a súa mercaduría, con entrañable musiquiña, estimulante e inconfundible. Era nas primeiras horas da mañá do inverno, cando percorrían as rúas de Compostela, aló pola miña infancia. Polo Nadal, co ponto na escola, servíannos a miudo como despertador.

Xa non vocean para vender. Xa non venden a domicilio. Xa non son a vinte céntimos de peseta senón a dous euros.

Pro, ahí están. Continúan vendendo os ghrelos a mancheas. E nabizas, xenos, bertóns, repolos ou colflor, cebolas, allos, tomates, leituga, patacas, cenouras, porros, nabos, perixel (salsa) ...
Na Praza de Abastos de Santiago.

E os ghrelos, seguen a estar de morrer.
.

miércoles, 17 de marzo de 2010

martes, 16 de marzo de 2010

HABANA EXPRESO, HAIGA...


Fotografías de:
Virgilio Viéitez Bértolo (Forcarey 1930 - 2008)

fotógrafo galego, nacido en Soutelo de Montes, no concello pontevedrés de Forcarey en 1930.
...

¿Ou non?
Estaba alí o 'haiga', trouxo-o él, recén chegado da Habana, con rodas de borracha, chamaballe 'carro', ainda que os eixos non rolaban, cavalos en vez de bois e chave por aguillada.
Visto e non visto, estaba de volta na Habana, co 'carro'.
Por aló continúa ainda, seica. O 'carro'.
Dixeronlle-lo uns veciños que foron co párroco a pasar uma semana nas praias de Varadero, e que están seguros de telo visto pola Rampa do Vedado da Habana, unda Copelia, cun cartel que poñía: "Taxi".
Ao chofer non o recoñeceron. Do carro ninguén se esquecíu nunca mais na aldea.
Pro, a ela, deixoulle só o picariño, e a foto que lles fixo Virxilio aos dous co can, diante do 'carro' e da cabaseira, con uma dedicatoria moi cariñosa, a lápis, que se borrou co tempo, e que dicía:
( xa non se lembra, prometeu dicermo en canto lle veña a memoria )
.
A festa, con toda a familia, estaba xustificada
.

" A FAMILIA "

.