as tormentas de Luis (www.astormentas.com)

Poema ao acaso

martes, 16 de marzo de 2010

HABANA EXPRESO, HAIGA...


Fotografías de:
Virgilio Viéitez Bértolo (Forcarey 1930 - 2008)

fotógrafo galego, nacido en Soutelo de Montes, no concello pontevedrés de Forcarey en 1930.
...

¿Ou non?
Estaba alí o 'haiga', trouxo-o él, recén chegado da Habana, con rodas de borracha, chamaballe 'carro', ainda que os eixos non rolaban, cavalos en vez de bois e chave por aguillada.
Visto e non visto, estaba de volta na Habana, co 'carro'.
Por aló continúa ainda, seica. O 'carro'.
Dixeronlle-lo uns veciños que foron co párroco a pasar uma semana nas praias de Varadero, e que están seguros de telo visto pola Rampa do Vedado da Habana, unda Copelia, cun cartel que poñía: "Taxi".
Ao chofer non o recoñeceron. Do carro ninguén se esquecíu nunca mais na aldea.
Pro, a ela, deixoulle só o picariño, e a foto que lles fixo Virxilio aos dous co can, diante do 'carro' e da cabaseira, con uma dedicatoria moi cariñosa, a lápis, que se borrou co tempo, e que dicía:
( xa non se lembra, prometeu dicermo en canto lle veña a memoria )
.
A festa, con toda a familia, estaba xustificada
.

" A FAMILIA "

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario